Foi
construída polos romanos como faro de navegación no século
II D.C. segundo indica a inscrición ós pés da torre
e as referencias documentais que sobre a cidade de Brigantium revelan a
existencia dun faro da época de Trajano. A torre perdeu, posiblemente,
o seu uso marítimo, durante a Idade Media ó converterse en
fortificación. Será no século XVII cando o Duque de
Uceda – 1682 – encargue a súa restauración arquitectónica
ó arquitecto Amaro Antune, quen construíu unha escaleira
de madeira que atravesaba as bóvedas ata a parte superior onde sitúa
dúas pequenas torres para soporta-los fanais.
No reinado de Carlos IV realízase
unha reconstrucción completa. A obra neoclásica rematouse
en 1791 e foi dirixida por Eustaquio Giannini. A torre era antes de acomete-la
reforma, un corpo prismático con base cadrada, no exterior presentaba
un muro de pedra con dúas portas na parte baixa e fiestras asimétricas
que o percorrían ata o piso superior, e un mordente helicoidal que
tamén chegaba ata o alto. No seu interior conservaba a vella estructura
romana, pero con escaleiras de madeira que pertencían á restauración
do edificio, harmonizándoa na súa decoración cos marcos
superiores de portas e fiestras.


| Dpto.
de Composición.
Universidade da Coruña. |