Santa Clara de Pontevedra

Sta. Clara de Pontevedra. Fotografía.Os documentos do convento remontan a súa orixe ó século XIV, sabéndose que en 1362 aínda non estaba feita a cabeceira. Sen embargo, o templo, cunha soa nave e cabeceira poligonal, fíxose en gran parte durante o barroco, cando se construíu a bóveda de canón da primeira.

A capela maior, cos chanzos dianteiros paralelos, ten arco de ingreso apuntado, dobrado, de perfil rectangular, sobre feixe de tres semicolumnas por lado, con base a base de "colgantes" e capiteis animados con monstros. Cóbrese a bóveda de abanico con florón na clave e nervios de perfil triangular, que rematan en baquetón percorrido por un delgado filete e descansan en columnas "acodilladas" de capiteis animados.

No zócolo, baixo as amplas ventás apuntadas e amainelados, percorren o seu perímetro unha serie de arquiños apuntados. No seu exterior os contrafortes das esquinas, con resaltes, están percorridos por liñas oblicuas nos seus laterais.

Só se ve ó exterior ó Muro do Evanxeo, no que tralas reformas barrocas se conservan ventás, topetes e a portada gótica. Esta ten arquivoltas apuntadas, sobre dous pares de columnas acodilladas, sen tímpano. Na arquivolta interior aparece o busto de Cristo Xuíz mostrando as chagas. Na outra arquivolta, no lado dereito, represéntanse enumerados a partir da clave unha figura con escarcela á maneira de cesta e un bastón, San Pedro coas chaves, un anxo tocando a trompeta e unha figura espida xunto a unha cabeza monstruosa, todo iso a modo de sencillo Derradeiro Xuízo.
 

 

Perspectiva Planta Sección Lonxitudinal
Sección Transversal Planta en perspectiva Alzado lateral
 
Dpto. de Composición. 
Universidade da Coruña.