Igrexia monacal de tres naves,
cruceiro e deambulatorio con cinco capelas arredor da maior.
A pesar da confluencia de
elementos románicos e protogóticos como o deambulatorio,
o templo pode encadrarse entre as obras do século XII, en pleno
estilo Románico. Deste período conserva a súa estructura
de muros con estribos, arcos faxóns e formeiros e a fachada principal,
todo iso en cantería de granito.
As capelas absidiais de
planta semicircular cóbrense con bóvedas de cascarón
ou cuarto de esfera, sobre nervios con clave colgante, comunicándose
coa xirola por arcos apuntados. O teitume de madeira apóiase no
entramado de arcos de medio punto peraltados, elevados á súa
vez sobre columnas pegadas ós piares.
No tramo central da fachada
encóntranse tres elementos singulais: a espadana, o rosetón
románico con arquiños de ferradura e a bela portada co Agnus
Dei no tímpano, catro columnas acodilladas nas xambas e enmarcándoo
todo as arquivoltas semicirculares, traballadas con pequenas flores e animais
fantásticos.
Moi estudiada polos historiadores,
datan a fundación do Mosterio na Alta Idade Media, coñecéndose
documentos do ano 942. A igresia foi levantada sobre unha antiga ermida
mercé á poderosa familia Traba, sendo o seu constructor Miguel
Pérez, quen deixou tallado nos perpiaños o seu nome e o ano
1194.


| Dpto.
de Composición.
Universidade da Coruña. |