Teatro García Barbón de Vigo.

Vista Xeral.A cidade de Vigo contou desde mediados do século XIX cun teatro no seu ensanche urbán, chamado primeiro “Romea”, logo “Cervantes” e finalmente “Rosalía de Castro”, cuio derradeiro propietario foi don José García Barbón, hata que un incendio o destruiu en febreiro de 1910.

Para sustituilo, os sucesores do Sr. García Barbón encargaron ó arquitecto Antonio Palacios un ambicioso proxecto de complexo cultural formado por dúas salas teatrais superpostas, amplos salóns de columnas e unha monumental escaleira, seguindo o modelo da Opera de París. O imaxinativo e ecléctico Palacios non defraudou coa grandiosidade ni coa calidade artística da súa nova obra, iniciada en 1913, á que deu unha imaxen “garneriana” na fachada principal á rúa Policarpo Sanz. O 23 de abril de 1927 se inauguraba coa ópera “Madame Pompadour”.

Os muros exteriores do teatro “García Barbón” construironse en bloques de granito. A platea da sala se apoyou sobre unna bóveda nervada de formigón con arcos moi rebaixados, un auténtico alarde técnico. Varios salóns superpostos, decorados lujosamente e unidos pola suntuosa escaleira central, completan este “templo” social da burguesía viguesa.

Nos últimos anos foi rehabilitado para centro cultural pola entidade bancaria da que é propiedade.

Incendio do Teatro Rosalía de Vigo. Antonio Palacios no García Barbón. Salón.
Interior da sala. Planta. Alzado Principal.
 


Dpto. de Composición.
Universidade da Coruña.