Contacto

Datos de contacto

Área de Cultura da Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria

En A Coruña

Central telefónica: 981 167 000

NORMAL. Espazo de Intervención Cultural

Campus de Riazor - A Coruña

Jorge Cordal Fustes. Teléfono 881 014 502 info@istoenormal.org

Noemí Castro Blanco. Teléfono 881 014 518 info@istoenormal.org

(Quenda de tarde) Teléfono 881 014 514 info@istoenormal.org

Aula de Cinema e Imaxe

David Castro de Paz. Ext.: 3697 aulacine@udc.es

Área de Cultura

En Ferrol

Central telefónica: 981 337 400

Centro Cultural Universitario

Campus de Esteiro

David Castro de Paz. Ext.: 3697 cultura.ferrol@udc.es

 

Instalacións culturais da Universidade da Coruña:

Campus da Coruña

Normal. Espazo de Intervención Cultural

Paseo de Ronda 47

15011 A Coruña

Normal

NORMAL é un espazo cultural activo, un espazo de intervención. É un contedor para a produción/coprodución de iniciativas e de proxectos propios: nova escena contemporánea, cinema, artes visuais, multimedia, música avanzada, voluntariado e cooperación…

Unha programación diferente, interdisciplinaria, vinculada á experimentación, ás novas linguaxes contemporáneas, preferentemente urbanas e aquelas ligadas ás Media-Arts. Espazos abertos á sociedade e aos artistas, ás asociacións, á colaboración institucional, dentro de criterios de calidade. Talleres onde creadores da Universidade e de fóra dela poidan producir e despois expor o seu traballo. Ligar a cultura á vida pública no sentido máis amplo, con atención á reflexión sobre políticas de xénero e a cooperación. Oferta de cursos e master class sobre arte, cinema, literatura, músicas, pensamento e todas aquelas actividades que antes estaban dispersas na Universidade.

Campus de Ferrol

Centro Cultural 1

O Centro Cultural Universitario de Esteiro acolle a oferta cultural do campus, tanto os cursos e obradoiros (arte, cinema, teatro, música, fotografía...), como os ciclos de cinema ou exposicións. Nel atópase a propia Oficina da Área de Cultura de Ferrol, e dispón de dúas aulas multiusos, unha ampla sala de exposicións e dunha sala de proxección dotada cos máis modernos equipos de imaxe e son.

Ás instalacións referidas, hai que engadir o uso complementario do Edificio de Apoio ao Estudo ou do Salón de Actos do campus de Esteiro, espazos cedidos xenerosamente pola Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Reponsabilidade Social.

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal