Cursos e obradoiros da Área de Cultura de Ferrol 2017/2018

Prazo matricula para os cursos da Área de Cultura de Ferrol 1º cuadrimestre 2017/2018

A continuacion tedes a programación de obradoiros e cursos para o primeiro cuadrimestre do curso 2017-18.

A Área de Cultura resérvase o dereito de suspender algún curso se a ocupación mínima non chega a cinco persoas.

Ao estudantado da UDC poderá recoñecérselle créditos pola súa participación nos obradoiros

Información sobre a matrícula:

O prazo de matrícula comezará o día 2 de outubro de 2017 e rematará o 15 de outubro de 2017, ambos inclusive.

A matrícula farase en liña.

As persoas que sexan novos usuarios terán que facer o proceso de rexistro, para o que terán que premer en "autenticacion NON universitarios e familiares" e escoller a opción "rexistro". Logo de completar o formulario, recibirán no seu enderezo electrónico os datos necesarios para matriculárense.

Os prezos dos obradoiros serán os seguintes:

Cursos cuadrimestrais
35 € para alumnos da UDC (30 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)
55 € para membros da comunidade universitaria da UDC (50 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)
40 € para persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. (35 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre
65 € para o público xeral (60 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)

Importante

Os prezos nos colectivos de persoas desempregadas ou con discapacidade, así como para o público xeral, inclúen seguro de accidentes.

As persoas desempregadas, que teñan acreditada discapacidade igual ou superior ao 33%, ou que teñan descontos por convenio -socios da Sociedade Filarmónica Ferrolana-,  deberán facer a matrícula presencialmente na oficina de cultura de Ferrol, no Centro Cultural Universitario (1º andar), achegando a documentación que acredite a súa situación.

As incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo cultura.ferrol@udc.es ou no teléfono 881 01 3697, da Oficina de Cultura de Ferrol, en horario de mañá.


Oferta de Cursos e talleres

Procedemento de matrícula:

O pagamento farase en liña, seguindo estas instrucións:

  • autentique a súa identidade
  • prema na lapela de “actividades”
  • elixa o obradoiro no que quere inscribirse
  • prema en “ver máis”
  • siga a ligazón “inscrición”
  • seleccione o xeito de pagamento e confirme

 

DepCor_bn_vert.png_659878398