Campamentos de verán 2017

Cartel campamentos

Campamentos en xullo para nenos e nenas

Convocatoria, prezos e máis información

En inglés

De 4 a 8 anos:

En inglés, combinación de xogos, actividades de psicomotricidade, teatro, xardinería, cociña, música, baile, traballos manuais, deporte e diversión…

En inglés-tecnolóxico

De 9 a 14 anos:

Clases de inglés con construción de foguetes de auga, deseño/inventos, experimentos con electricidade, programación con scratch, construción de avións de poliestireno, diy, traballos manuais, xardinería, combinación de xogos…


A Coruña, campus de Elviña

  • 1ª quenda: do 3 ao 14 de xullo
  • 2ª quenda: do 17 ao 31 de xullo

 Prezos: 

  • comunidade universitaria: de 4 a 8 anos e 9 a 14 anos: 135 €
  • persoas alleas á UDC: 4 a 8 anos e 9 a 14 anos: 155 €

 Prazo de inscrición: comunidade universitaria do 25 de maio ao 26 de xuño, persoas alleas á UDC do 13 ao 26 de xuño

 Horario:

  •  8:30 - 15:00 (sen comedor)
  •  8:30 - 16:00 (con comedor)

 O xantar é opcional: 5,50 € diarios (6,20 € por días soltos, pagando directamente na cafetaría)

O campamento non inclúe transporte.

 Resumo das actividades

 Matrícula en liña

Documentación necesaria:
No momento da inscrición deberá encher un cuestionario no que terá que subir catro arquivos: autorización fotográfica e saídas (deberá envialo asinado), foto carné, copia da tarxeta sanitaria do neno/a e copia do libro de familia.

 Inscrición:

  • autenticación (se é persoal alleo á UDC e é a primeira vez que entra, deberá rexistrarse previamente)
  •  rexistro do fillo/a. Prema "novo membro da familia" para dar de alta a cada fillo ou filla (no caso de non telos previamente rexistrados)
  •  unha vez creados "entre na sesión do fillo/a" que desexe inscribir
  •  prema na pestana Campamentos - A Coruña
  •  elixa a quenda do campamento no que quere inscribirse
  •  seleccione o xeito de pagamento (tarxeta de crédito ou débito) e confirme


As prazas son limitadas.

Poderase cancelar a quenda de non acadar o número mínimo de matrículas.

Todas as inscricións serán por orde de entrada xunto co seu pagamento.