Concerto da OSG

Entradas de balde para o concerto da Sinfónica do día 13 de maio

  Poñemos de novo a disposición do alumnado da UDC entradas de balde para o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia do sábado 18 de febreiro de 2017. Para solicitar as entradas haberá que enviar un correo electrónico ao enderezo cultura.coruna@udc.es, indicando nome e número de DNI da persoa solicitante e co asunto: "entradas OSG".

 Requisitos:

- Cada persoa poderá presentar unha solicitude e terá dereito a retirar dúas localidades.

- Queda excluída desta entrega de entradas toda persoa que teña unha relación contractual ou estatutaria coa UDC. Tamén quedará excluído o alumnado que non envíe o correo electrónico desde o dominio UDC.

- Poderase enviar o correo solicitando as entradas até o día 1 de maio inclusive

- As entradas serán adxudicadas por estrita orde de petición e as persoas beneficiarias poderán recoller as entradas no servizo do SAPE entre os días 8 e 10 de maio, ambos inclusive; as persoas que non reitren a localidade concedida nese prazo decaerán na súa solicitude e a súas entradas ofertaranse ás persoas que quedasen en quenda de reserva. As persoas que teñan dereito a retiralas en quenda de reserva poderán facelo entre os días 11 e 12 de maio.

- As entradas só poderán ser retiradas pola persoa adxudicataria, polo que no momento da recollida haberá que presentar o DNI.

- As persoas que non recollan a entrada e non comuniquen o motivo ao enderezo electrónico cultura.coruna@udc.es, decaerán de futuras listaxes durante a presente temporada

Aquí podedes ver o programa da tempada 2016/2017 da Orquestra Sinfónica de Galicia. As entradas de balde serán para os concertos do "Abono sábado".