Actuación dos grupos de danza contemporánea da UDC no campus de Ferrol

Xoves, 27 abril, con motivo do Día Internacional da Danza

O xoves, 27 de abril, e con motivo do Día Internacional da Danza, -que se celebra o 29 de abril en todo o mundo- actuarán no campus de Esteiro os grupos de danza contemporánea da UDC, da Coruña e Ferrol.

A partir das 13 horas, actuarán o Grupo de Danza "Normal", con Clásicos Max Mix, e o Grupo de Danza de Ferrol, con Punto de Partida.

A actuación será na praza diante da Facultade de Humanidades, entre o Centro Cultural Universitario e a Vicerreitoría do campus de Ferrol.