Concerto da OSG do sábado 18 de novembro de 2017

Dispoñibles entradas de balde

Poñemos de novo a disposición do alumnado da UDC entradas de balde para o concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia do sábado 18 de novembro de 2017. Para solicitar as entradas haberá que enviar un correo electrónico ao enderezo cultura.coruna@udc.es, indicando o nome e número de DNI da persoa solicitante, número de entradas (unha ou dúas) e co asunto: “Entradas OSG”.


As entradas recolleranse no SAPE.


Requisitos:

-Cada persoa poderá presentar unha solicitude e terá dereito a retirar dúas localidades.
-Queda excluída desta entrega de entradas toda persoa que teña unha relación contractual ou estatutaria coa UDC. Tamén quedará excluído o alumnado que non envía o correo electrónico desde o dominio UDC.
-Poderase enviar o correo solicitando as entradas dende o día 30 de outubro até o día 3 de novembro inclusive.
-As entradas serán adxudicadas por estrita orde de petición e as persoas beneficiarias poderán coller as entradas no servizo do SAPE entre os días 6 e 10 de novembro; as persoas que non retiren a localidade concedida nese prazo decaerán na súa solicitude e as súas entradas ofertaranse ás persoas que quedasen en quenda de reserva. As persoas que teñen dereito a retiralas en quenda de reserva poderán facelo os días 13, 15, 16 e 17 de novembro, previo aviso por correo electrónico.
-As entradas só poderán ser retiradas pola persoa adxudicataria, polo que no momento da recollida haberá que presentar o DNI.
-As persoas que non recollan a entrada e non comuniquen o motivo ao enderezo electrónico cultura.coruna@udc.es, decaerán de futuras listaxes durante a presente temporada.


Aquí podedes ver o programa da tempada 2017/2018 da Orquesta Sinfónica de Galicia.
As entradas de balde serán para os concertos do “Abono sábado”.

 

Para calquera dúbida ou incidencia, podedes chamar ás seguintes extensións telefónicas:
Jorge Cordal Fustes, ext. 4502
Noemí Castro Blanco, ext. 4518
Maite Pérez, ext. 4514 (Quenda de tarde)