Representación de "A Lola" por Avelaíña Teatro

Xoves 16 de novembro. Salón de actos da Facultade de Economía, ás 20.00 h.

A_Lola
 
 

Sinopse:

A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista. O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da Segunda República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936).


A súa trama está determinada polo que se denomina o “pasado non ausente”, ou sexa, polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe segue a determinar as vidas e as condutas de varias xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma.

 

Información artística e técnica:

Ficha artística

A Lola................................Rita Rivas
Dona Elvira.......................Marisé Pérez
Don Santiago................... Xulio Leal
Don Celestino.................. Miguelanxo Martín
David (mestre)................. Xosé Álvarez
Teresa...............................Rita Bugallo / Menchu González
David (fillo)...................... Xosé Álvarez
Don Federico....................Manolo Ayán
Ramón Salgueiro..............Xosé Álvarez

Ficha técnica:

Dirección: Colectiva de Avelaíña Teatro
Produción: Avelaíña Teatro.
Cartelería: Xoán Soto
Música e son: Xosé Emilio García
Dirección técnica: Miguel Anxo Martín; Emilio García; Xosé Alvarez.
Vestiario/escenografía: Avelaíña Teatro.
Soporte informático: Juan Iglesias