Solicitude de entradas para os concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia

Do 13 ao 18 de outubro

Poñémonos de novo a disposición do alumnado da UDC entradas de balde para o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia do sábado 28 de outubro de 2017. Para solicitar as entradas haberá que enviar un correo electrónico ao enderezo cultura.coruna@udc.es, indicando o nome e número de DNI da persoa solicitante e co asunto: “Entradas OSG”.

As entradas recolleranse no SAPE.

Requisitos:

  • Cada persoa poderá presentar unha solicitude e terá dereito a retirar dúas localidades.
  • Queda excluída desta entrega de entradas toda persoa que teña unha relación contractual ou estatutaria coa UDC. Tamén quedará excluído o alumnado que non envía o correo electrónico desde o dominio UDC.
  • Poderase enviar o correo solicitando as entradas dende o día 13 de outubro até o día 18 de outubro inclusive.
  • As entradas serán adxudicadas por estrita orde de petición e as persoas beneficiarias poderán coller as entradas no servizo do SAPE entre os días 19 e 25 de outubro ; as persoas que non retiren a localidade concedida nese prazo decaerán na súa solicitude e as súas entradas ofertaranse ás persoas que quedasen en quenda de reserva. As persoas que teñen dereito a retiralas en quenda de reserva poderán facelo os días 26 e 27 de outubro, previo aviso por correo electrónico.
  • As entradas só poderán ser retiradas pola persoa adxudicataria, polo que no momento da recollida haberá que presentar o DNI.
  • As persoas que non recollan a entrada e non comuniquen o motivo ao enderezo electrónico cultura.coruna@udc.es, decaerán de futuras listaxes durante a presente temporada.

Aquí podedes ver o programa da tempada 2017/2018 da Orquestra Sinfónica de Galicia. As entradas de balde serán para os concertos do “Abono sábado”.

Para calquera dúbida ou incidencia, podedes chamar ás seguintes extensións telefónicas:
Jorge Cordal Fustes, ext. 4502
Noemí Castro Blanco, ext. 4518
Maite Pérez, ext. 4514 (Quenda de tarde)