Presentación e lectura do conto "O Reloxo" a cargo da súa autora, en Ferrol

17 de novembro ás 19.30 horas no Salón de Actos

O día 17 de novembro ás 19.30 horas, no Salón de Actos do campus de Esteiro, Ferrol, terá lugar unha presentación e lectura do conto O reloxo a cargo da súa autora, Juana María Vera Meizoso.
O reloxo é un relato dirixido a persoas entre 5 e 115 anos cunha historia de constancia, valor e soños, na liña de Alicia no País das Marabillas e O Principiño.
Finalista do premio de literatura infantil e xuvenil de ámbito europeo «Apel-les Mestres», O reloxo foi ilustrado por Eneko Las Heras, artista que traballa nas revistas Interviú e El Jueves, alén de no diario Madrid 20 Minutos.