Premio Literario: "Nortear Mocidade Escritora Norte de Portugal - Galicia"

Podes presentarte até o día 30 de abril de 2017

  A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, asinaron un memorando de entendemento para establecer accións conxuntas de colaboración a nivel cultural.

  No marco deste memorando desenvolvese o Programa Nortear que, entre outras actuacións, contempla a III edición dun premio literario para novos escritores de Galicia e do Norte de Portugal, froito da favorable repercusión que tivo o dito premio nas dúas anteriores edicións.

  Coa finalidade de que se lle dea a maior divulgación posible, achegamos as bases que regulan a convocatoria do dito premio para o ano 2017.

   Sinalar que poderán participar as persoas nacidas na Rexión Norte de Portugal ou Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.

   Finalmente recordar que serán admitidas a concurso todas as obras que teñan data de entrada no seguinte enderezo ata o 30 de abril de 2017.

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal