Volvemos poñer a disposición do alumnado da UDC entradas de balde para o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia do sábado 5 de novembro de 2016. Para solicitar as entradas haberá que enviar un correo electrónico ao enderezo cultura.coruna@udc.es, indicando nome e número de DNI da persoa solicitante e co asunto: "entradas OSG".
Requisitos:
- Queda excluída desta entrega de entradas toda persoa que teña unha relación contractual ou estatutaria coa UDC. Tamén quedará excluído o alumnado que non envíe o correo electrónico desde o dominio UDC.
- Cada peticionario só poderá presentar unha solicitude..
- As entradas serán adxudicadas por estrito orden de petición e as persoas beneficiarias poderán recoller as entradas no servizo do SAPE durante os días 3 e 4 de novembro
-As entradas só serán válidas para a persoa adxudicataria, polo que no momento da recollida haberá que presentar o DNI.
- Poderase enviar o correo solicitando as entradas até o día 1 de novembro inclusive.
Aquí podedes ver o programa da tempada 2016/2017 da Orquestra Sinfónica de Galicia. As entradas de balde serán para os concertos do "Abono sábado".
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000