ACTIVIDADES PARALELAS DE "BDG70 A REVOLTA DO CÓMIC GALEGO"

Aberto o prazo de matrícula para o curso: "Editar de cero a cen". O curso terá lugar os días 28 de novembro e 1 de decembro

 O obradoiro terá lugar os días 28 de novembro e 1 de decembro, de 18:00 a 20:00 horas e co seguinte contido:

 Sesión 1
CREACIÓN DE CONTIDOS E FORMATOS EDITORIAIS
- Orixes da edición. A necesidade de editar.
- Os contidos: xermolo do mercado editorial.
- Modalidades e soportes da edición: editar en papel e en dixital.
- Proposta de actividade práctica: Formación dunha equipa editorial cós asistentes e creación de contidos.

Sesión 2
A PRODUCIÓN EDITORIAL
- Diferenzas entre edición e auto-edición.
- Procesos técnicos de deseño, maquetación e impresión.
- Os software para a edición.
- A edición específica de banda deseñada e libros visuais.
- Xestión editorial (ISBN, Depósito Legal, dereitos de autor e de reprodución de imaxes, etc.)
- Práctica: Realización de publicación con traballos dos asistentes.

As prácticas xirarán arredor dun eixo temático central: a exposición BDG70 e a banda deseñada en lingua galega.


Arredor disto xeraranse contidos de diversos perfís para crear unha revista especializada.
Se o resultado das prácticas é satisfactorio a publicación editarase en formato dixital e poñerase en libre descarga desde internet para uso público e poderá descargarse desde a propia web da Normal e enlazarse desde as redes sociais da Normal e BDG70.

Matrícula:

Para matricularse hai que inscribirse, de balde, na seguinte ligazón:  "editar de cero a cen"

Público potencial: estudantes de comunicación, artes e deseño, xornalismo, artistas plásticos e calquera interesado en achegarse aos procesos e reviravoltas da edición.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal