Solicitude de entradas para os concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia

Aberto o prazo de solicitude para o concerto do día 29 de outubro de 2016

 Volvemos poñer a disposición do alumnado da UDC entradas de balde para o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia do sábado 29 de outubro de 2016. Desta volta, para solicitar as entradas haberá que enviar un correo electrónico ao enderezo cultura.coruna@udc.es, indicando nome e número de DNI da persoa solicitante.

 Requisitos:

- Queda excluída desta entrega de entradas toda persoa que teña unha relación contractual ou estatutaria coa UDC. Tamén quedará excluído o alumnado que non envíe o correo electrónico desde o dominio UDC.

- Cada usuario só poderá presentar unha solicitude..

- As entradas serán adxudicadas por estrito orden de petición e as persoas beneficiarias poderán recoller as entradas en Normal, Espazo de Intervención Cultural da UDC (Paseo de Ronda, 47 A Coruña)  en horario que se comunicará mediante o envío dun correo electrónico.

-As entradas só serán válidas para a persoa adxudicataria, polo que no momento da recollida haberá que presentar o DNI.

- Poderase enviar o correo solicitando as entradas até o día 26 de outubro inclusive.

Aquí podedes ver o programa da tempada 2016/2017 da Orquestra Sinfónica de Galicia. As entradas de balde serán para os concertos do "Abono sábado".