VIII Premio de tradución para o galego de textos científico-técnicos

A CNL da Facultade de Filoloxía organiza a oitava edición do Premio de Tradución de Textos Científico-Técnicos co fin de contribuír á dinamización, difusión e uso da lingua galega en contextos científicos.

Persoas destinatarias
Todo o estudantado da Universidade da Coruña


Prazo
4 de novembro de 2016


Modalidades
tradución directa do francés ao galego
tradución directa do inglés ao galego
tradución inversa do galego ao francés
traducións inversa do galego ao inglés


O premio é de 200 euros para cada un dos textos gañadores


Textos para traducir
Francés: Cellier, Schneider, Thiébeau & Vertès: «Impacts et performances environnementales de la culture de légumineuses et des systèmes incluant des légumineuses», en Les légumineuses pour des systèmes agricoles et alimentaires durables (páxinas 315 a 319, excluída a táboa 6.1.)
Inglés: Kissinger, G. (2016): «3.1. [Case studies:] Saskatchewan», en Pulse crops and sustainability: A framework to evaluate multiple benefits (desde final da páxina 22 ata a 31)
Galego: Ruíz Nogueiras, B. (2009) "Evolución do cultivo das leguminosas gran, As legu-minosas na agricultura actual, As leguminosas gran en Europa, As leguminosas gran no Estado español e As leguminosas gran en Galicia”, en As leguminosas de gran. Aspectos xerais (a parte correspondente entre páxinas 11 e 18, táboas incluídas)
Texto íntegro da convocatoria e modo de presentación das traducións

 

Pódese consultar a información completa na seguinte ligazón: http://www.udc.es/snl/actualidade/2016/viii_premio_traducion.html