Lectura multilingüe do primeiro parágrafo de El Quijote

A Universidade da Coruña organiza o venres 22 de abril, ás 12 horas no Paraninfo, un acto de carácter público con motivo do Día Mundial do Libro e do IV centenario da morte de Miguel de Cervantes.

 Con motivo do Día Mundial do Libro e do IV centenario da morte de Miguel de Cervantes, a Universidade da Coruña organiza o venres 22 de abril unha lectura multilingüe do primeiro parágrafo de El Quijote, na que participarán alumnado de mobilidade e membros do profesorado lendo o fragmento nas súas respectivas linguas de orixe. A lectura pecharase coa actuación do coro universitario.


O acto, de carácter público, terá lugar ás 12 horas no Paraninfo da Universidade.

 

Quijote cartaz