Concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia en Ferrol

28 abril, organizado pola Sociedade Filarmónica Ferrolana

O xoves 28 de abril, as 20.30 horas no Auditorio de Ferrol, celébrase un Concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia, organizado pola Sociedade Filarmónica Ferrolana.

Grazas ao convenio da UDC (Cultura) coa referida Sociedade, como sabedes, xa podedes retirar as invitacións que están á disposición da comunidade universitaria, nos puntos habituais: UXAI (Edificio Vicerreitoría Ferrol), Rexistro Xeral (Edificio Apoio ao Estudo) e Oficina da Área de Cultura (Centro Cultural Universitario de Esteiro).

Podedes consultar o programa do concerto premendo aquí.