Exposición sobre Dereitos Humans en colaboración con Amnistía Internacional

Exposición no Centro Cultural Universitario de Esteiro

A Oficina de Cooperación e Voluntariado e a Área de Cultura de Ferrol, en colaboración con Amnistía Internacional, organizan a Exposición sobre os Dereitos Humanos, que poderá visitarse entre os días 3 ao 15 de decembro no Centro Cultural Universitario do Campus de Esteiro.

A dita exposición forma parte das actividades complementarias do I Ciclo de Cine e Dereitos Humanos, enmarcado na celebración do 25 Aniversario da UDC, e que dará comenzo o vindeiro 15 de decembro coa proxección do documental "O Mundo tras Julius", ás 18 h no salón de actos do campus de Esteiro. Tras o visionado do documental, levarase a cabo un foro no que intervirán, entre outras, as persoas voluntarias que participan no programa Sin Teito da OCV.

 

O ciclo de cinema , do que informarase próximamente, constará dunha proxección mensual ligada a un dereito/s fundamental/is.