Ampliada até o dia 19 a matrícula para o Curso, "Cinema e Holocausto Nazi"

21, 22 e 23 de xullo, no Salón de Actos do Campus de Esteiro en Ferrol

A sétima edición dos Cursos de Verán que realizamos desde 2006 sobre cinema, vai tratar do tema,  “Cinema e Holocausto Nazi”,que imos celebrar na Universidade da Coruña, no campus de Esteiro de Ferrol, os días 21, 22 e 23 de xullo.

O curso contará con expertos de varias disciplinas, incluíndo filósofos, historiadores xeneralistas e analistas de cinema, que reflexionarán sobre as cuestións estéticas, éticas e políticas que suscita a representación audiovisual dos campos de exterminio nazi. Desde una visión interdisciplinar, que coloca a historia e a filosófia, en diálogo con estudos de análise textual da imaxe. Ademáis, poderán visionarse os filmes –tanto documentais, como de ficción- , máis importantes desde a liberación dos campos até hoxe.

Info e matrícula:

http://www.udc.es/occ/cursos_congresos_simposios/cursosveran/cursos2015/curso13.html 

https://cultura.udc.es/DeporXestWebUDCCultura/actividades/datos.jsp?idActividad=794


Programa

Programa do Curso de Verán Cinema e Holocausto Nazi. Cuestións de Representación Audiovisual dos Campos de Exterminio
Día 21 de xullo
MAÑÁ
10.00 h. Presentación do curso a cargo do director, Alberto Sucasas Peón e o coordinador, David Castro de Paz. Entrega de material ao alumnado
10.30-12.00 h. Do prestixo da violencia á xustiza das vítimas. Un cambio epocal, relatorio a cargo de D. Reyes Mate Rupérez, catedrático de Filosofía, Instituto de Filosofía do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC)
12.00 h. DESCANSO
12.30-14.00 h. Os porqués do Holocausto. Un debate inacabado, relatorio a cargo de D. Julio Prada Rodríguez, profesor de Historia Contemporánea, Universidade de Vigo (UVIGO)
14.00 h. XANTAR


TARDE
PROXECCIÓNS
17.00 h. Noite e néboa (1955) de Alain Resnais (30 min), presentada por Jaime Pena Pérez, historiador do cinema e responsable de programación da Filmoteca de Galicia (CGAI), alén de crítico de Cahiers du Cinèma-España, agora Cuadernos del Caimán
17.30-19.30 h. Materiais de arquivo e documentais realizados desde a finalización da Segunda Guerra Mundial. Presentados por D. Jaime Pena Pérez (90 min aprox.)
Día 22 de xullO

MAÑÁ
10.30-12.00 h. Imaxes para a fin dos tempos, relatorio a cargo de D. Jaime Pena Pérez, historiador do cinema e responsable de programación da Filmoteca de Galicia (CGAI), alén de crítico de Cahiers du Cinèma-España, agora Cuadernos del Caimán
12.00 h. DESCANSO
12.30-14.00 h. Os incendios do tempo. Cinema e Shoah, relatorio a cargo de D. Santos Zunzunegui Díez, catedrático de Comunicación Audiovisual, Universidade do País Vasco (UPV/EUH)
14.00 h. XANTAR


TARDE
PROXECCIÓNS
17.00 h. Fragmentos do documental Shoah (1985) de Claude Lanzmann (60 min). Seleccionados e presentados por Alberto Sucasas Peón, profesor de Filosofía, Universidade da Coruña (UDC)
18.00 h. A pasaxeira (1963) de Andrezj Munk (68m). Presentada por David Castro de Paz, técnico de Cultura, e coordinador da Aula de Cinema e Imaxe da Universidade da Coruña (UDC).
Día 23 de xullo

MAÑÁ
10.30-12 h. O rostro, o lugar e o espectro. A propósito de Shoah (Claude Lanzmann, 1985), relatorio a cargo de Alberto Sucasas Peón, profesor de Filosofía da Universidade da Coruña e codirector do curso. (UDC)
12.00 h. DESCANSO.
12.30-14.00 h. Mesa redonda: Posicións sobre a representación do holocausto: os debates á volta do cinema. Claude Lanzmann/Gerard Wajcman vs. Georges Didi-Huberman/Jean-Luc Godard. Participan David Castro, Jaime Pena e Alberto Sucasas.


TARDE
PROXECCIÓNS
17.00 h. Kapo (1960). Gillo Pontecorvo. (118m). Presentada por D. Jaime Pena Pérez.

 

 

Relación de relatores


Santos Zunzunegui Díez. Catedrático da Universidade do País Vasco (UPV/EUH) e profesor convidado en Francia e os Estados Unidos. É ademais semiólogo e historiador do cinema, e ten publicados numerosos libros, entre os que se atopan Pensar la imagen, Mirar la imagen, Robert Bresson, Orson Welles ou Las cosas de la vida: lecciones de semiótica estructural.
Reyes Mate Rupérez. Catedrático emérito de Filosofía. É integrante do Instituto de Filosofía do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e autor dunha importante obra filosófica, entre a cal cómpre destacarmos Memoria de Auschwitz e Paseo por los campos de exterminio.
Alberto Sucasas Peón. Profesor de Filosofía da Universidade de Coruña (UDC). Leva anos dedicado á investigación filosófica sobre os conflitos éticos do exterminio nazi, con varios traballos publicados entre os cales salienta a súa obra sobre o documental Shoah (Claude Lanzmann, 1985) –de próxima edición- e A música pensada, sobre a filosofía de Eugenio Trías.
Jaime Pena Pérez. Historiador do cinema e responsable de programación da Filmoteca de Galicia (CGAI), alén de crítico da revista El Caimán. Cuadernos de Cine. Entre as súas publicacións destacan El espíritu de la colmena, Historias extraordinarias: el nuevo cine argentino (1999-2008) ou Edward Yang.
Julio Prada Rodríguez. Profesor titular de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo (UVIGO). É autor de diversas publicacións sobre historia contemporánea e un investigador recoñecido polo seu intenso labor na investigación da etapa republicana e franquista.

Datos Complementarios

Dirección: Alberto Sucasas Peón. (UDC)
Coordinación: David Castro de Paz. (UDC)
Secretaría: Tania Hernández Rodríguez.
Diseño Gráfico: Daniel Vázquez Tasende.
Organiza: Área de Cultura de Ferrol. Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura.
Info y matrícula: http://www.udc.es/occ/cursos_congresos_simposios/cursosveran/cursos2015/curso13.html
Máis información: Oficina Área de Cultura. Tlf. 98116700. Ext. 3697: cultura.ferrol@udc.es; Oficina de Cursos e Congresos: occ@udc.es