O luns 9 de Febreiro, nova proxección do Ciclo de Dereitos Humanos

Proxectarase "Todos chamámonos Alí", de R. W. Fassbinder (1974)

Dentro da programación mensual do ciclo que sobre Dereitos Humanos, levamos a cabo  a Área de Cultura e a Área de Cooperación e Voluntariado, proxectaremos o vindeiro Luns, 9 de Febreiro, a película Todos chamámonos Alí, dirixida por Rainer Werner Fassbinder no ano 1974.

Fassbinder é un dos membros máis destacados do chamado "Novo Cinema Alemán" dos anos 60, a pesar da súa prematura morte. Dunha obra ampla e apabullante, que desenvolveu en teatro, televisión e cinema, cabe destacar entre outras obras mestras (O ano das trece lúas, As amargas lágrimas de Petra Von Kant ou Effie Brest), o filme que veremos neste ciclo, no que o realizador realiza unha operación característica do seu mellor cinema: mezclar as fórmulas americanas do melodrama (especialmente de Douglas Sirk, ao que admiraba moito), cos recursos distanciadores e críticos propios dos anos 60, influidos polo teatro "epico" de Bertold Brecht, cuestionado as fórmulas convencionais de realismo, e realizando unha profunda crítica social ao sistema, utilizando como punto de partida o clásico All that Heaven allows (Só o ceo sábeo, Douglas Sirk,1955).

Datos:

Lugar; Salón de Actos do campus de Esteiro.

Data: Luns, 9 de febreiro.

Hora: 18 horas.

Entrada libre e gratuita.