I Ciclo: "A Musica no Cinema"

Organizado pola Área de Cultura de Ferrol e a Sociedade Filarmónica Ferrolana

I Ciclo de Música no Cinema

O ciclo constará de catro filmes nos que a música é un elemento indispensable da súa construción, ben desde o punto de vista da estrutura do relato, ben como eixe temático, ou como práctica cultural e social para revindicar.

 

Os filmes programados son:

  • 9 marzo: Crónica de Anna Magdalena Bach. Jean-Marie Straub e Danielle Huillet, 1968. Centro Concepción Arenal
  • 16 marzo: Dublineses. John Huston, 1987. Centro Concepción Arenal
  • 23 marzo: Todas as mañás do mundo. Alain Corneau, 1991. Salón de Actos, campus de Esteiro
  • 30 marzo: Tocando o vento. Mark Herman, 1997. Salón de Actos, campus de Esteiro

 

Información:

Sedes: compartiremos as sedes das dúas entidades organizadoras. Os dous primeiros filmes proxectaranse no Centro Cultural Concepción Arenal (Rúa Magdalena 202-204, 15402 Ferrol) e os dous últimos no Salón de Actos do campus de Esteiro da UDC.

Hora: 19 horas, todos os luns.

Presentación: a cargo de David Castro de Paz, e proxección posterior.

Entrada libre e gratuíta até completar a capacidade.

Organizan: Sociedade Filharmónica Ferrolá e Área de Cultura de Ferrol.