Ampliado o prazo de inscrición dos cursos da Área de Cultura de Ferrol

Ampliacion do prazo ate o 10 de novembro de 2014

Amplíase o prazo para inscribirse nos cursos que están pendentes de comezar, ao non acadar o número mínimo de alumnos interesados. Estes cursos son:

  • Curso de Artesanía en Coiro.
  • Curso de Historia do Cinema: O Cine Negro Norteamericano (1930-1960)

Para realizar a inscrición ou obter máis información, podes chamar a Oficina da Área de Cultura de Ferrol, no tlf. 981167000. ext. 3697 ou mandar un correo a cultura.ferrrol@udc.es e deixar os teus datos de contacto.

Os cursos darán comezo cando se acade o número mínimo de estudantes establecido.