Hoxe, ás 12:00 inaugúrase a exposición "In memoriam" de José Manuel Moreno

Exposición fotográfica "In Memoriam" José Manuel Moreno Arribe (1968-2013)

Hoxe procederase a inaugurar a partir das 12 horas, a exposición fotográfica en homenaxe ao noso compañeiro José Manuel Moreno Arribe, no Salón de actos, que se poderá visitar en horario de 9 da maña as 20 horas da noite (agás agosto, só mañás) e que permanecerá até o dia 18 de setembro na Sala de Exposicións adxacente ao Salón de Actos do campus de Esteiro.

Esta exposición quere homenaxear a memoria do noso compañeiro José Moreno (1968-2013), e está dedicada tamén á sua familia, amigos/as e compañeiros/as da comunidade universitaria. Na súa presentación estarán a Vicerreitora do Campus de Ferrol, Araceli Torres Miño, a viuva, Yolanda Chabaud Torralba e a súa familia, e o fotógrafo e amigo, que fixo as veces de comisario, Roberto Marín.

A Área de Cultura de Ferrol síntese orgullosa e agradecida de ter colaborado na organización dunha exposición tan especial como sentida para todos os membros da comunidade universitaria ferrolana.

José -Jose como se lle chamaba coloquialmente- era un gran aficionado á fotografía, á que dedicaba moito tempo, tiña feito varias exposicións na cidade e colaboraba no xornal Galicia Ártabra, desde donde amosaba as múltiples caras de Ferrol e a súa comarca, nunha serie de obras moi traballadas, con variadas texturas e capas, que a modo de palimpsesto, esconden diversos discursos e lecturas posibles.