"Master Class" do Fotógrafo Gabriel Tizón

O xoves, 22 de maio a partir das 18:30 no Centro Cultural Universitario de Esteiro

O Xoves 22 de maio, no Centro Cultural Universitario de Esteiro, o fotógrafo Gabriel Tizón impartirá unha Master Class, a partir das 18.30 horas, organizada polo Fondo Galego de Cooperación e o Concello de Ferrrol, coa colaboración da Área de Cultura da UDC de Ferrol.

Hai un total de 40 plazas para esta actividade, das que 25 poden solicitarse a través da Concellería de Benestar Social, no Rexistro Xeral do Concello, e outras 15, que serán xestionadas pola Área de Cultura de Ferrol, previa solicitude na súa Oficina do Centro Cultural Universitario de Esteiro ou a través da nosa Aula de Fotografía que coordina a fotógrafa Rocío Brage.

Datos do evento:
Lugar: Centro Cultural Universitario. Aula Multiusos 1
Horas: 18.30- 20.30 horas.
Entrada: Gratuita previa solicitude.

 

 Preme aquí para máis info.