Todo incluído. Do 7 de febreiro ao 7 de marzo

TODO INCLUÍDO achega o discurso combativo de AS TÁCTICAS DO ADVERSARIO ás marxes da cultura Hip Hop durante cinco venres de encontro

Xornadas Todo Incluído

Durante 5 venres consecutivos, NORMAL convida a artistas e a amantes do Hip Hop de toda condición a compartir o aquí e o agora. Ábrese un espazo de sinerxía e interacción entre artistas. Unha xuntanza onde ampliar coñecementos, mellorar técnicas, inspirar e coñecer xente, compartir motivacións artísticas e, talvez, comezar novos proxectos. Un encontro tamén co público, que poderá desfrutar de balde de actuacións, exhibicións e concertos.

Toda a información seguindo esta ligazón: Xornadas Todo Incluído