Entradas gratuítas para o concerto de Lotus String Quartet

A comunidade universitaria da UDC dispón de entradas gratuítas para o concerto organizado pola Sociedad Filarmónica Ferrolana que terá lugar no Teatro Jofre este xoves, día 16, ás 20.30 horas. As entradas están xa dispoñibles na Vicerreitoría do Campus de Ferrol.