Todo incluído / Encontro con El Chojín M(aster)C(lass)

O mestre madrileño do rap conciencia inaugura TODO INCLUÍDO cunha tarde chea de actividade e intercambio arredor da cultura Hip Hop. O 7 de febreiro desde as 17:00 horas.

Cun perfil polifacético que suma o quefacer artístico-poético, o compromiso social e as súas dotes de comunicador, El Chojin pasa por ser o artista de Rap español que máis traballos ten no mercado.

Dentro do seu labor didáctico, ten levado a cabo múltiples actividades para achegar a cultura Hip Hop a diversos ámbitos. É nese contexto que se vai desenvolver este encontro co público galego, dividido en catro bloques:

17.00-19.00h – Laboratorio de rimas con El Chojin
Máximo de asistentes: 30 / Inscrición até o 6 de febreiro / Entrada gratuíta, cubrindo este formulario de inscrición, até completar un máximo de 30 persoas  Inscrición

19.00-20.00h – Hip Hop conciencia, charla con El Chojin
Entrada gratuíta previa inscrición en actividades@istoenormal.org

20.00-20.30h – Posta en escena
Entrada libre de público até completar aforo

20.30-20.45h – BBB. B-Boying + Booba, thebreakformanceshow
Actuación do Bboy Pablo Castiñeira para despedir As tácticas do adversario.
Entrada libre de público até completar aforo.

 

El Chojin