Proxección do film "Retorno ao pasado" dentro do Ciclo Cine Negro

Dentro do ciclo adicado ao Cine Negro, o xoves 19 de decembro ás 19.00 h., proxectarase "Retorno ao pasado" (Out of the Past, Jaques Tourneur, 1947)

O vindeiro xoves, 19 de decembro, proxectaremos, na última sesión do ano, unha das máis grandes obras mestras do xénero, Retorno ao pasado (Out of the past, Jacques Touneur, 1947), filme de enorme potencia poética no que a combinacion de romanticismo, fatalismo, atmósfera onírica e o amor fou configuran un texto de extraordinaria beleza. O magnifico guión está realizado por Daniel Mainwaring -autor de guiones como A invasión dos ladróns de corpos (The Invasion of the Body Snatchers, Donald Siegel, 1956 ou Baby Face Nelson (Donald Siegel, 1957)- sobre a súa propia novela Build My Gallows High (1946), "Eleven mi horca", de expresivo e gráfico título.

Todas as proxeccións son na Sala Multiusos n.º1 do Centro Cultural Universitario de Esteiro.

 

Consulta a programación completa aquí. cultura.udc.es/DeporXestWebUDCCultura/actividades/datos.jsp