Proxección do filme "Foraxidos" (The Killers, Robert Siodmak, 1946)

Dentro do ciclo adicado ao Cine Negro, o xoves, 5 de decembro ás 19.00 h., proxectarase "Foraxidos" (The Killers, 1946)

O xoves, 5 de decembro, a partir das 19 horas, proxectarase unha das obras maestras absolutas do cinema negro, Foraxidos (The Killers), dirigida por Robert Siodmak en 1946. Este director alemán chegou a Estados Unidos fuxindo da II Guerra Mundial e do Nazismo, xunto a outros célebres directores, como Fritz Lang ou Karl Freund, e contribuiu a densificar e complexizar a posta en escea do cinema clásico, e a dar ese tono "expresionista" que ten o xénero por influencia deste movemento do cinema germano.

Siodmak realizará media ducia de títulos "negros", todos eles de elevado interés, pero nunca alcanzou as cotas deste The Killers, no que traballou con John Huston como guionista sobre un relato de Ernest Hemingway do mesmo título. Posteriormente faría a maxistral O abrazo da morte (Criss Cross, 1947), no que repite a misma estructura temporal en largos flash-backs que no seu anterior film, influido claramente por Citizen Kane (Orson Welles, 1941).