Proxección do filme "O soño eterno", de Howard Hawks

O Xoves, dia 28 de novembro, dentro do ciclo de cine negro, proxectarase "O soño eterno" (The Big Sleep, Howard Hawks, 1946)

O vindeiro dia 28, no ciclo dedicado ao Cine Negro Norteamericano, proxectaremos O soño eterno (The Big Sleep, Howard Hawks, 1946, Versión non estreada), recoñecida obra mestra do xénero, con guión nada menos que de William Faulkner sobre a soberbia novela homónima de Raymond Chandler.

Este filme, que pasa por ser un dos cumios do xénero, preséntase na súa versión orixinal, prácticamente descoñecida polo gran público, tal como Howard Hawks a rodou inicialmente, sen os cortes e amputacións que deron lugar a abstracta e complexa película que coñecemos. A copia, unha restauración da productora non estreada comercialmente, é unha auténtica rareza e unha obra mestra.