Mañá venres día 11, ás 16:00 horas, estarán Els Joglars no Cubo de Normal

A compañía Els Joglars actuará no Teatro Colón da Coruña o sábado 12 de outubro con "El coloquio de los perros", pero virán antes ao espazo Normal para falar con todas as persoas que se queiran acercar ao noso Cubo, nun encontro aberto con toda a cidadanía

ENCONTRO COS ACTORES E ACTRICES DE ELS JOGLARS EN NORMAL

O día 12 de outubro, no Teatro Colón, actuarán Els Joglars coa exitosa obra El coloquio de los Perros.

Aproveitando esta ocasión, os actores e actrices terán un encontro aberto en NORMAL ás 16:00 h do día 11 de outubro no que nos poderemos achegar ao proceso de creación desta peza e á traxectoria da compañía.

Con El Coloquio de los Perros, os espectadores poderán disfrutar das aventuras de Cipión e Berganza, os cans protagonistas da novela cervantina, nesta coproducción de Els Joglars e a Compañía Nacional de Teatro Clásico.

A dramaturxia, obra de Albert Boadella e Martina Cabanas, parte do texto de Cervantes nunha adaptación libre dirixida por primeira vez por Ramón Fontseré.


 els joglars