Ampliado o prazo de matrícula para os cursos da Área de Cultura de Ferrol

 

A Área de Cultura de Ferrol amplia o prazo para matricularse nos seguintes cursos e talleres:

  • Curso de Iniciación á Fotografía
  • Curso "A música cos cinco sentidos. Historia(s) da Música"
  • Curso de Interpretación Teatral (TUF)
  • Taller de Iniciación á creación de música electrónica
  • Curso de Cinema: "O Cine Negro Clásico (1930-1960)"
  • Curso de Cinema "As vangardas artísticas no cinema: Expresionismo, Surrealismo, Vangarda Soviética"

O prazo ampliarase ao mes de outubro completo para os cursos que teñan o nº mínimo de matriculados para comezar, ou até acadar o número mínimo de estudantes interesados/as.

Accede aos cursos directamente: www.udc.es/cultura/campus_ferrol/cursos/