A Universidade da Coruña, a través
da Vicerreitoría de Calidade e
Novas Tencoloxías, xunto co
Centro Universitario de Formación
e Innovación Educativa (CUFIE),
ten a satisfacción de ofertar por
quinta vez este Plano de Formación
Inicial para o profesorado novel con catro
anos ou menos de experiencia docente,
así como bolseiros con docencia
recoñecida no POD, presentando, ademáis este ano algunhas reformas no mesmo.
Este plano pioneiro e innovador na nosa Universidade
ten o obxectivo de formar os novos profesionais
que recentemente se teñan incorporado
aos labores docentes e investigadores na UDC.
Este é un plano ambicioso en que se
busca proporcionar ao profesorado unha formación
básica para o exercicio da súa
función docente no inicio da súa
andaina académica. Preténdese
que adquiran destrezas e coñecementos
didácticos e metodolóxicos a través
dos programas de metodoloxía didáctica
e do programa de tecnoloxía educativa;
tamén pretende proporcionar un coñecemento
profundo da nosa Universidade, da súa
estrutura, dos seus servizos e das súas
redes de recursos, así como sobre o marco
legal que afectará á súa
vida profesional nesta institución. Pretende
tamén actuar na prevención de
riscos laborais asociados ao desempeño
da profesión docente e contribuír
a xerar un axeitado contexto sociolaboral que
facilite o ensino e a investigación.
Esperamos e desexamos que esta oferta inicial,
que é completada con outras dirixidas
ao profesorado (PAE), sexa moi útil e
valiosa para o profesorado novel e que cumpra
a función para a que foi deseñada.
Julio Abalde Alonso
Vicerreitor de Títulos, Calidade
e Novas Tecnoloxías
Enrique de la Torre Fernández
Director do Centro Universitario
de Formación e Inovación Educativa