Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
Vicerreitorado de Calidade e Harmonización Europea
   
Mapa Web
Buscar
Inicio
Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
 
 
  Universidade Coruña    
AnteriorAnterior      Imprimir Imprimir      PecharPechar
 
  Presentación  I  Secretaría  I  Aularios  I  Enlaces  I  Logotipos  
   
 

  Formación e Asesoramento

   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
a
   
a
a a a
   
   
   
   
   
 
 
 
Unidade de Formación e Asesoramento
   
 
Informe de Autoavaliación
   
 
Avaliación Docente
   
 
 

 

 
 
Plano de Formación Inicial (PFI) 2011-2012
 
Bases e criterios para o seu desenvolvemento
 
 
Bases e criterios
     
  1. Difusión.  
  2. Datas de realización.  
  3. Lugar de realización.  
  4. Destinatarios.  
  5. Número de prazas.  
  6. Modalidades de participación.  
  7. Preinscrición.  
  8. Confirmación da admisión.  
  9. Anulación da inscrición.  
  10. Criterios de asignación de prazas.  
  11. Validacións.  
  12. Porcentaxe de asistencia.  
  13. Certificación dos cursos.  
     
   
 
 
 
  1. Difusión:
Ir a inicio de páxina
     
 
A difusión do Plano de Formación Inicial faise por dupla vía: cartelería e a través da web do CUFIE (www.udc.es/cufie/ufa). A información impresa pode estar suxeita a modificacións por necesidade de cambios ou de actualización, do que se dará conta na web.
 
 

 
 
  2. Datas de realización:
Ir a inicio de páxina
     
 
Os cursos terán lugar entre novembro de 2011 e xuño de 2012, nas datas indicadas no programa de cada un dos cursos.
 
 

 
 
  3. Lugar de realización:
Ir a inicio de páxina
     
 
Os cursos realizaranse nos aularios do CUFIE no Campus da Coruña.

O profesorado adscrito aos centros do Campus de Ferrol, pode solicitar o abono das axudas de custo de desprazamento para a realización do curso.
Formulario de dieta (Ten que encher os campos sombreados en gris e envialo xunto cunha fotocopia do certificado de asistencia)
 
 

 
 
  4. Destinatarios:
Ir a inicio de páxina
     
 
Profesorado novel con catro anos ou menos de experiencia docente na Universidade da Coruña, así como bolseiros con docencia recoñecida no POD.

Se o interesado perde a súa vinculación coa Universidade da Coruña non poderá seguir participando no PFI.
 
 

 
 
  5. Número de prazas:
Ir a inicio de páxina
     
 
5 prazas por cada curso, reservadas dentro do Plano de Apoio ao Ensino (PAE).
 
 

 
 
  6. Modalidadades de participación:
Ir a inicio de páxina
     
 

Destacar que este ano, hai cambios nas bases de participación do plano.

O PFI, nesta convocatoria non ten cursos específicos. Dentro do PAE reservaranse 5 prazas por curso para que os participantes do PFI poidan rematalo

Os interesados deberán rematar o PFI nun máximo de 3 anos, debendo cumplir o mínimo de horas especificado para cada programa:

Metodoloxía Didáctica
92 horas
Tecnoloxía Educativa e Ensino Semipresencial e a Distancia
60 horas
Saúde e Prevención de Riscos Laborais
24 horas
Contexto Socio-institucional e traballo na UDC
24 horas
 
 

 
 
  7. Preinscrición:
Ir a inicio de páxina
     
 

A preinscrición realizarase a través do formulario electrónico na web do CUFIE, dentro do prazo establecido para cada curso, que coincidira co do PAE, pero noutro formulario.

Os horarios dos prazos de preinscrición que se establecen serán dende as 10:00 horas da primeira xornada ate as 14:00 horas da última.

 
 

 
 
  8. Confirmación da admisión:
Ir a inicio de páxina
     
 
A preinscrición non implica estar matriculado nos cursos do PFI por mor do límite de prazas. A confirmación da admisión comunicarase por correo electrónico ao enderezo que facilite a persoa interesada no formulario de preinscrición. Posteriormente publicarase o listado na web do CUFIE.

Para que un curso do PAE se poida celebrar ten que haber un mínimo de 15 participantes.

As persoas interesadas en participar no PFI non poderán participar no Plano de Apoio ao Ensino (PAE).
 
 

 
 
  9. Anulación de inscrición:
Ir a inicio de páxina
     
 
Rógase a toda aquela persoa que non puider asistir o curso en que sexa admitida, o comunique ao CUFIE, para avisar outra persoa interesada da lista de agarda.

O prazo de notificación da renuncia ao curso é de 3 días lectivos antes do inicio do curso e terá que ser enviada, por correo electrónico a dirección ufa@udc.es.

Debido a grande demanda dos cursos, cunhas listaxes de agarda longas, a persoa que non asista a un curso ou non notifique a súa falla nos prazos establecidos, perderá a posibilidade de realizar outro curso nesta convocatoria 2011-2012.
 
 

 
 
  10. Criterios de asignación de prazas:
Ir a inicio de páxina
     
 
Nos casos en que haxa máis solicitudes que prazas, estas adxudicaránse atendendo aos seguintes criterios de selección:
 
 

 
 
1.
Profesorado pendente de rematar o PFI.
2.

Profesorado funcionario de carreira e interinos.

3.

Profesorado contratado laboral.

4.
Bolseiros con docencia recoñecida no POD.
5.
Orde de recepción de solicitudes.
 
 

 
 
  11. Validacións:
Ir a inicio de páxina
     
 
No caso de que algún dos participantes no PFI acredite ter participado nalgún dos cursos dos programas, poderá solicitar a correspondente validación do curso enviando unha fotocopia do certificado de asistencia.
 
 

 
 
  12. Porcentaxe de asistencia:
Ir a inicio de páxina
     
 
Para que a participación sexa considerada de proveito terase a obriga de asistir un mínimo do 85% de cada un dos cursos que constitúen os diferentes programas.
 
 

 
 
  13. Certificación dos cursos:
Ir a inicio de páxina
     
 

Unha vez completadas as 200 horas de formación do do Plano de Formación Inicial (PFI), emitirase un certificado expedido pola Universidade da Coruña, asinado pola Vicerreitora de Calidade e Novas Tecnoloxías e o Director do CUFIE.

Ao final de cada curso académico, enviarase un xustificante de participación no PFI cos cursos feitos na convocatoria en vixencia.

 
 

 
 
 
 
  Presentación  I  Secretaría  I  Aularios  I  Enlaces  I  Logotipos  I  Mapa web   I  Buscar  I  Inicio  
 
 
AnteriorAnterior  SubirSubir   Contactar Contacta/Suxestións  Imprimir Imprimir  PecharPechar
 
 
© Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías / Universidade da Coruña