 |
A
Universidade da Coruña, a través
da Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías, presenta xunto coa Xerencia desta universidade, o Comité de Formación de PAS e coa colaboración do Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), unha nova iniciativa referida á formación do Persoal de Administración e Servizos da UDC.
|
| |
|
|
Este proxecto xurde da necesidade de crear un programa formativo para o Persoal de Administración e Servizos da Universidade da Coruña que sexa estable e fundamentado nas necesidades reais deste colectivo. Por iso non só inclúe o deseño do propio programa, senón unha avaliación previa de necesidades formativas que dará unha visión xeral da situación actual dentro da UDC e que nos facilitará un diagnóstico diferencial entre esta situación e o proxecto de futuro incluído dentro do plan estratéxico da UDC e que facilitase itinerarios formativos ao seu persoal en función das expectativas laborais dos mesmos e encamiñado, en todo momento, a unha mellora da calidade dos servizos da nosa universidade.
O proxecto levarase a cabo en varias fases, nas que esperamos contar coa colaboración de todo o persoal da UDC. Todos os datos e material que se empregue e que se vaia xerando, incluirase nesta web, de modo que poidades ter acceso a el en todo momento. |