Este plano pretende proporcionar aos novos investigadores (alumnado de master, doutoramento ou alumnado en fase de tese doutoral)
os recursos necesarios para afrontar, nas mellores
condicións posibles, os retos que se plantexan no novo contexto do Espazo Europeo de Educación Superior para os alumnos e alumnas que desexan continuar os seus estudos universitarios nunha liña máis adicada á investigación.
Esta iniciativa e as accións asociadas
a ela representan o punto de partida para este
plano que agora se inicia.
O Plano de Apoio a Novos Investigadores enmárcase
dentro do Plano Director Docente 2012-2013,
e é resultado do proceso de avaliación
da docencia que se realizou no curso 2011-2012.
Avaliar para formar é o sentido, por
tanto, do proxecto global en que esta iniciativa
formativa se integra.
Esperamos e desexamos que esta oferta, que é
completada con outras dirixidas ao profesorado xa consolidado,
sexa útil e valiosa para o alumnado que se plantexa seguir a súa traxectoria profesional dentro do contexto universitario e, en moitos casos, encamiñada non só á investigación senón á docencia dentro da propia institución.