Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
Logotipo da Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías
   
Mapa Web
Buscar
Inicio
Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
 
 
  Universidade Coruña    
AnteriorAnterior      Imprimir Imprimir      PecharPechar
 
  Presentación  I  Secretaría  I  Aularios  I  Enlaces  I  Logotipos  
   
 

  Formación e Asesoramento

   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
a
   
a
a a a
   
a
   
a
a a a
a
   
a
a a a
   
   
   
 
 
 
Unidade de Ensino non Universitario
   
 
Informe de Autoavaliación
   
 
Avaliación Docente
   
 
 
 
 
 
 
Plano de Apoio ao Ensino (PAE) 2012-2013
 
Presentación
 
 
Presentación
A Universidade da Coruña, a través da Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías, presenta xunto co Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) o seu 6 º Plano de Apoio ao Ensino Universitario. Este plano está orientado a favorecer a mellora e desenvolvemento das competencias docentes.
 

Este plano de formación elaborouse pensando nas necesidades manifestadas polo propio profesorado e intentando responder aos novos retos de formación que ten que afrontar a Universidade. Mais tamén é un reto importante para dar unha continuidade aos programas de formación do curso anterior, aínda que con algunhas modificacións e innovacións para mellorar esta oferta formativa para todo o profesorado da nosa Universidade.

A nosa Universidade nunca foi allea ao espazo europeo e internacional en que se move, como tampouco o foi ás necesidades dos docentes. Por iso xa fixemos unha oferta formativa crecente de recursos formativos para o profesorado dirixidos á súa actualización docente e a proporcionarlles coñecementos e ferramentas pedagóxicas con que realizar máis eficazmente o seu labor.

A continuidade destas iniciativas e as accións asociadas a elas representan o punto de partida para este plano que agora continúa a súa andaina. Nel pretendemos aumentar a oferta formativa no ámbito da metodoloxía didáctica, o uso das TIC no ensino universitario e as implicacións pedagóxicas do EEES, así como un programa de saúde e de prevención de riscos laborais.

O protagonismo dos que ensinan e dos que aprenden é evidente e os cambios que se propoñan para as titulacións, así como os que se derivan da implantación dos créditos ECTS, aféctanlles de xeito directo.

 

Julio Abalde Alonso
Vicerreitor de Títulos, Calidade
e Novas Tecnoloxías
Enrique de la Torre Fernández
Director do Centro Universitario
de Formación e Inovación Educativa

 

 
 
  Presentación  I  Secretaría  I  Aularios  I  Enlaces  I  Logotipos  I  Mapa web   I  Buscar  I  Inicio  
 
 
AnteriorAnterior  SubirSubir   Contactar Contacta/Suxestións  Imprimir Imprimir  PecharPechar
 
 
© Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías / Universidade da Coruña