Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
Logotipo da Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías
   
Mapa Web
Buscar
Inicio
Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
 
 
  Universidade Coruña    
AnteriorAnterior      Imprimir Imprimir      PecharPechar
 
  Presentación  I  Secretaría  I  Aularios  I  Enlaces  I  Logotipos  
   
 

  Formación e Asesoramento

   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
a
   
a
a a a
   
a
   
a
a a a
a
   
a
a a a
   
   
   
 
 
 
Unidade de Ensino non Universitario
   
 
Informe de Autoavaliación
   
 
Avaliación Docente
   
 
 
 
 
 
 
Plano de Apoio ao Ensino (PAE) 2012-2013
 
Bases e criterios para o seu desenvolvemento
 
 
Bases e criterios
     
  1. Difusión.  
  2. Datas de realización.  
  3. Lugar de realización.  
  4. Destinatarios.  
  5. Preinscrición.  
  6. Confirmación da admisión.  
  7. Anulación da inscrición.  
  8. Criterios de asignación de prazas.  
  9. Certificación dos cursos.  
     
   
 
 
 
  1. Difusión:
Ir a inicio de páxina
     
 
A difusión do Plan de Apoio ó Ensino faise por dobre vía: impresa e a través da web do CUFIE (http://www.udc.es/cufie). A información impresa pode estar suxeita a modificacións por necesidade de cambios ou de actualización, do que se dará conta na web.
 
 

 
 
  2. Datas de realización:
Ir a inicio de páxina
     
 
Os cursos terán lugar entre novembro de 2012 e xuño de 2013, nas datas indicadas no programa de cada un dos cursos.
 
 

 
 
  3. Lugar de realización:
Ir a inicio de páxina
     
 

Os cursos realizaranse nos aularios do CUFIE no Campus da Coruña.

O profesorado adscrito aos centros do Campus de Ferrol, pode solicitar o abono das axudas de custo de desprazamento para a realización do curso.

Formulario de dieta (Ten que encher os campos sombreados en amarelo e envialo xunto cunha fotocopia do certificado de asistencia e os resgardos de autopista, de ser o caso) (Para calquera dúbida coa axuda de custo por desprazamento, pode chamar ao 5619 ou escribir un correo electrónico a administracion.cufie@udc.es)

 
 

 
 
  4. Destinatarios:
Ir a inicio de páxina
     
 
Profesorado da Universidade da Coruña con docencia recoñecida no POD.
 
 

 
 
  5. Preinscrición:
Ir a inicio de páxina
     
 

A preinscrición realizarase a través de formulario electrónico na web do CUFIE, dentro dos prazos establecidos, sinalados na mesma.

Os horarios dos prazos de preinscrición que se establecen serán dende as 10:00 horas da primeira xornada ate as 14:00 horas da última.

 
     
 
 
 

 
 
  6. Confirmación da admisión:
Ir a inicio de páxina
     
 
A preinscrición non implica estar matriculado no curso por mor do límite de prazas. A confirmación da admisión en cada curso comunicarase por correo electrónico ao enderezo que facilitará a persoa interesada no formulario de preinscrición. Posteriormente exporanse as listaxes na web do CUFIE.

Para que un curso se poida celebrar ten que haber un mínimo de 15 participantes.
 
 

 
 
  7. Anulación de inscrición:
Ir a inicio de páxina
     
 

Rógase a toda aquela persoa que non puider asistir o curso en que sexa admitida, o comunique ao CUFIE, para avisar outra persoa interesada da lista de agarda.

O prazo de notificación da renuncia ao curso é de 3 días lectivos antes do inicio do curso e terá que ser enviada, por correo electrónico a dirección ufa@udc.es.

Debido a grande demanda dos cursos, cunhas listaxes de agarda longas, a persoa que non asista a un curso ou non notifique a súa falla nos prazos establecidos, perderá a posibilidade de realizar outro curso nesta convocatoria 2012-2013.

 
 

 
 
  8. Criterios de asignación de prazas:
Ir a inicio de páxina
     
 
No caso de que houbese máis solicitudes que prazas, estas adxudicaranse atendendo os seguintes criterios de selección:
 
     
 
1.

Profesorado que participara no ano anterior na avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe que conduce a elaboración do Plano Director Docente.
(Ver Plano Director Docente. Enquisa para deseñar o Plano Formativo da UDC)

2.

Profesorado que participe no Plano de Acción Titorial (PAT). IMPORTANTE: nos cursos sobre diversidade os docentes que forman parate da Rede UDC-Universal terán preferencia sobre o resto de docentes.

3.

Profesorado que solicitara a participación nun Grupo Departamental de Calidade (GDC) da Universidade da Coruña ou acredite a participación en proxectos pilotos ECTS de calquera organismo oficial.

4.
Profesorado que na presente convocatoria do Plano de Apoio ó Ensino non participara xa nalgún dos cursos convocados.
5.
Profesorado que teña realizado un menor número de cursos do Plano de Apoio ao Ensino anteriores.
6.
Profesorado que no presente mes non estea convocado para outro curso.
7.
Orden de recepción de solicitudes.
 
 

 
 
  9. Certificación dos cursos:
Ir a inicio de páxina
     
 

A participación de proveito en cada curso implica a emisión dun certificado expedido pola Universidade da Coruña, asinado pola Vicerreitora de Calidadde e Novas Tecnoloxías e o Director do CUFIE.

Os certificados enviaranse por correo interno ao enderezo que facilitará a persoa interesada no formulario de preinscrición.

Para que a participación sexa considerada de proveito terase a obriga de asistir un mínimo do 85% do mesmo.

 
 

 
 
 
 
  Presentación  I  Secretaría  I  Aularios  I  Enlaces  I  Logotipos  I  Mapa web   I  Buscar  I  Inicio  
 
 
AnteriorAnterior  SubirSubir   Contactar Contacta/Suxestións  Imprimir Imprimir  PecharPechar
 
 
© Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías / Universidade da Coruña