A
misión coa que nace
a UFA é facilita-la formación
e asesoramento necesario nos diversos
aspectos do proceso de ensino/aprendizaxe
para o profesorado e alumnado da Universidade
da Coruña, para unha mellora da calidade.
Sendo a súa visión
a de levar a cabo diferentes programas de apoio,
axudas e premios para unha mellora do proceso
de ensino/aprendizaxe, tendo en conta os diferentes
cambios que se producen no sistema educativo.
Dende a creación
do CUFIE, veuse proporcionando ao profesorado
unha oferta crecente de recursos formativos
dirixidos á súa actualización
docente e a proporcionarlles coñecementos
e ferramentas pedagóxicas con que realizar
máis eficazmente o seu labor.
Xa ca creación
da UFA, e de acordo coas Liñas estratéxicas
da Universidade da Coruña para a converxencia
ao Espazo Europeo de Ensino Superior, concretamente
dentro do Plano de Apoio, concrétase
que o proceso de formación no vai só
dirixido ao profesorado universitario (Plano
de Apoio ao Ensino, PAE), como viña
transcurrindo ata agora na antiga estructura
do CUFIE, senón que, unha gran parte
das propostas que se fan son de interese tamén
para estudantes (Plano
de Apoio á Aprendizaxe, PAA), o profesorado novel (Plano de Formación Inicial, PFI).
Cada un destes planos
contén accións formativas que
responden ás dimensións que se
identifican no Plano
Director Docente (avaliación,
titorías, etc.). As dimensións
máis relevantes ten que ver coas competencias
que son necesarias para ensinar, para aprender
o para apoiar aos que ensinan e aprenden.
O Plano de Apoio desenvolvese
unha vez elaborado o Plano Director Docente.
Este plano será ofertado todos os anos
e terá as variacións derivadas
tanto do que se desprenda do Plano Director
Docente como das demandas reais das accións
propostas. O Plano de Apoio nace con pretensión
de cubrir o maior abano posible de necesidades,
polo que aspira a que os seus usuarios poidan
chegar a realizalo na súa totalidade
nun momento ou noutro da súa vida académica
de xeito presencial ou virtual.
O Plano Director Docente
é o que detecta anualmente as necesidades
de apoio da comunidade universitaria da UDC.
Os seus resultados afectan de forma dinámica
á programación plurianual do PA.
Os datos para a súa elaboración
obtense mediante a Enquisa Docente, un procedemento
de cuestionario posto en marcha no ano 2004
e dirixido á comunidade universitaria
e referiranse por separado ás necesidades
relacionadas co ensino e coa aprendizaxe, recollendo
así o sesgo cara ás actividades
de aprendizaxe que define o novo marco universitario.
Unha vez cubertos
os cuestionarios, os participantes poderán
ver na web os resultados dos seus datos e os
globais da Universidade da Coruña e sobre
os recursos materais e formativos que a UDC
pon a súa disposición ata ese
momento.