Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
Logotipo da Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías
   
Mapa Web
Buscar
Inicio
Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
 
 
  Universidade Coruña    
AnteriorAnterior      Imprimir Imprimir      PecharPechar
 
  Presentación  I  Secretaría  I  Aularios  I  Enlaces  I  Logotipos  
   
 

  U. Ensino non Universitario

   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
 
 
 
Unidade de Ensino Non Universitario
   
 
Informe de Autoavaliación
   
 
 
 

 

 
 
Plano de Formación para o Ensino en Secundaria (PFES)
 
Presentación
 
 
Presentación

A Universidade da Coruña, a través da Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías, presenta xunto co Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) o seu 2 º o seu Plano de Formación para o Ensino en Sencundaria (PFES). Este plano está orientado a favorecer a mellora e desenvolvemento das competencias docentes.

Este plano de organización e desenvolvemento de cursos de especialización e perfeccionamento para o profesorado de Secundaria, enmárcase no cadro formativo que o CUFIE ven ofertando desde hai varios anos e que ten, como obxectivo principal, o de promover a formación do profesorado de tódolos niveis educativos.

Este novo plano elaborouse pensando nas necesidades manifestadas polo propio profesorado que está a iniciar a súa andaina profesional. Necesidades que evidencian a urxencia de recibir unha oferta formativa dirixida á adquisición de destrezas e coñecementeos didácticos e metodolóxicos, así como o uso racional das TIC nas aulas de Educación Secundaria.

Asemade, aínda que somos conscientes que a formación práctica é indispensable, con esta iniciativa propoñémonos completar a formación dos profesores e profesoras da Educación Secundaria nalgúns aspectos relacionados coa teoría do ensino, xa que compartimos a opinión de que tanto a elaboración de criterios de análise, como a súa interpretación e construcción dunha indentidade profesional crítica, asegura unha praxis educativa máis axeitada e xusta.

Agardamos que esta oferta formativa sexa benvida e con ela poidamos dar un paso máis no longo camiño que debemos recorrer no noso oficio de aprender e ensinar.

Julio Abalde Alonso
Vicerreitor de Títulos, Calidade
e Novas Tecnoloxías
Enrique de la Torre Fernández
Director do Centro Universitario
de Formación e Inovación Educativa
 
 
 
  Presentación  I  Secretaría  I  Aularios  I  Enlaces  I  Logotipos  I  Mapa web   I  Buscar  I  Inicio  
 
 
AnteriorAnterior  SubirSubir   Contactar Contacta/Suxestións  Imprimir Imprimir  PecharPechar
 
 
© Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías / Universidade da Coruña