Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
Vicerreitorado de Calidade e Harmonización Europea
   
Mapa Web
Buscar
Inicio
Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
 
 
  Universidade Coruña    
AnteriorAnterior      Imprimir Imprimir      PecharPechar
 
  Presentación  I  Secretaría  I  Aularios  I  Enlaces  I  Logotipos  
   
 

  U. Ensino non Universitario

   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
 
 
 
Unidade de Ensino Non Universitario
   
 
Informe de Autoavaliación
   
 
 
 

 

 
 
Plano de Formación para o Ensino en Secundaria (PFES) 2010-2011
 
Bases e criterios para o seu desenvolvemento
 
 
Bases e criterios
     
  1. Difusión  
  2. Datas de realización  
  3. Lugar de realización  
  4. Destinatarios  
  5. Preinscrición  
  6. Confirmación da admisión  
  7. Matrícula  
  8. Criterios de asignación de prazas  
  9. Certificación dos cursos  
     
   
 
 
 
  1. Difusión:
Ir a inicio de páxina
     
 
A difusión do Plano de Formación para o Ensino en Secundaria faise por dupla vía: impresa e a través da web do CUFIE (www.udc.es/cufie). A información impresa pode estar suxeita a modificacións por necesidade de cambios ou de actualización, do que se dará conta na web.
 
 

 
 
  2. Datas de realización:
Ir a inicio de páxina
     
 
Os cursos terán lugar entre novembro de 2009 e marzo de 2010, nas datas indicadas no programa de cada un dos cursos.
 
 

 
 
  3. Lugar de realización:
Ir a inicio de páxina
     
 
Os cursos realizaranse nos aularios do CUFIE no Campus da Elviña.
 
 

 
 
  4. Destinatarios:
Ir a inicio de páxina
     
 
Profesorado de Ensino Secundario, Licenciados que teñan superado o Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP) ou que o estean cursando nese momento o Master en Profesorado de Educación Secundaria.
 
 

 
 
  5. Preinscrición:
Ir a inicio de páxina
     
 
A preinscrición realizarase a través de formulario electrónico na web do CUFIE, dentro dos prazos establecidos, sinalados na mesma. En cada quenda de preinscición incluiránse varios cursos que deberán ser colocados por orde de preferencia no formulario no momento de enchelo.

Os horarios dos prazos de preinscrición que se establecen serán dende as 10:00 horas da primeira xornada ate as 14:00 horas da última.
 
     
 
Formulario de preinscrición
 
 

 
 
  6. Confirmación da admisión:
Ir a inicio de páxina
     
 
A preinscrición non implica estar matriculado no curso por mor do límite de prazas.

A confirmación da admisión en cada curso comunicarase por correo electrónico ao enderezo que facilitará a persoa interesada no formulario de preinscrición. Posteriormente exporanse as listaxes de admitidos na web.
 
 

 
 
  7. Matrícula:
Ir a inicio de páxina
     
 
Unha vez recibido o e-mail de confirmación de admisión dun curso, realizarase o pago da matrícula na administración do CUFIE en Socioloxía, dentro dos prazos establecidos, sinalados nas fichas dos cursos.
 
 

 
 

O pago por cada curso será de 40 €

 
 

 
 
Logo de formalizar o pagamento da matrícula, só se poderán devolver as taxas en caso de cancelarse o curso.
 
 

 
 
Para que un curso se poida celebrar ten que haber un mínimo de 20 participantes.
 
 

 
 
  8. Criterios de asignación de prazas:
Ir a inicio de páxina
     
 
No caso de que houbese máis solicitudes que prazas, estas adxudicaranse atendendo os seguintes criterios de selección.
 
     
 
1.
Persoas paradas (Terán que presentar o Xustificante de Demanda de Emprego no momento da matrícula e entregar unha copia)
2.

Licenciados que obtivesen o Certificado de Aptitude Pedagóxica na Universidade da Coruña.

3.

Aqueles que na presente convocatoria do PFES non participara xa nalgún dos cursos convocados.

4.
Orde de recepción de solicitudes.

 
 

 
 
 9. Certificación dos cursos:
Ir a inicio de páxina
     
 

A participación de proveito en cada curso implica a emisión dun certificado expedido pola Universidade da Coruña, asinado pola Vicerreitora de Calidade e Novas Tecnoloxías e o Director do CUFIE.

Os certificados deberán recollerse, despois da súa confirmación por correo electrónico, no negociado do CUFIE.

Para que a participación sexa considerada de proveito terase a obriga de asistir un mínimo do 85% do mesmo.

 
 

 
 
 
 
  Presentación  I  Secretaría  I  Aularios  I  Enlaces  I  Logotipos  I  Mapa web   I  Buscar  I  Inicio  
 
 
AnteriorAnterior  SubirSubir   Contactar Contacta/Suxestións  Imprimir Imprimir  PecharPechar
 
 
© Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías / Universidade da Coruña