Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
Vicerreitorado de Calidade e Harmonización Europea
   
Mapa Web
Buscar
Inicio
Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
 
 
  Universidade Coruña    
AnteriorAnterior      Imprimir Imprimir      PecharPechar
 
  Presentación  I  Secretaría  I  Aularios  I  Enlaces  I  Logotipos  
   
 

  U. Ensino non Universitario

   
   
   
   
   
 
 
 
Unidade de Ensino Non Universitario
   
 
Informe de Autoavaliación
 
 

 

 
 
Unidade de Ensino non Universitario (UENU)

A Unidade de Ensino non Universitario (UENU); crease en febreiro do 2004, formando parte do Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), o cal depende da Vicerreitoría de Calidade e Novas Tecnoloxías da Universidade da Coruña.

   

A formación inicial e continua do profesorado de Secundaria é a Misión da UENU. Nos primeiros anos de vida do CUFIE coordinar o CAP ten sido un dos seus principias cometidos. Máis a reforma da formación inicial do profesorado de Secundaria xera incerteza sobre o papel futuro da UENU, no que ate agora focalizou o seu quefacer. A Visión da UENU amplía os seus cometidos á formación continua do profesorado non universitario e ao establecemento de canles de comunicación e colaboración cos centros de Ensino Secundario, sobre todo no que respecta aos retos que formula o Espazo Europeo de Ensino Superior (EEES).

Neste intre os dous grandes campos de traballo da UENU son o Curso de Adaptación Pedagóxica (CAP) e o Plano de Formación para o Ensino en Secundaria (PFES).

O CAP ten como finalidade a formación pedagóxica e didáctica do profesorado de secundaria e conduce á obtención do Certificado de Aptitude Pedagóxica. Este certificado é un requisito para acceder á docencia na maioría das especialidades que imparten docencia na ESO e no bacharelato. Non se esixe esta formación para as especialidades de Tecnoloxía, Pedagoxía e Psicoloxía e para as que imparten a súa docencia na formación profesional. Tampouco se require para as especialidades do corpo de profesores técnicos de formación profesional e para os das escolas oficiais de idiomas.

O PFES é un plano de organización e desenvolvemento de cursos de especialización e perfeccionamento para o profesorado de Secundaria. Este plano elaborouse pensando nas necesidades manifestadas polo propio profesorado que está a iniciar a súa andaina profesional no Ensino Secundario. Necesidades que evidencian a urxencia de recibir unha oferta formativa dirixida á adquisición de destrezas e coñecementos didácticos e metodolóxicos, así como o uso racional das TIC nas aulas de Educación Secundaria.

 

 
 
 
 
  Presentación  I  Secretaría  I  Aularios  I  Enlaces  I  Logotipos  I  Mapa web   I  Buscar  I  Inicio  
 
 
AnteriorAnterior  SubirSubir   Contactar Contacta/Suxestións  Imprimir Imprimir  PecharPechar
 
 
© Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
Vicerreitoría de Calidade e Novas Tecnoloxías / Universidade da Coruña