Por Resolución do 16 de xullo de 2008 da "Dirección General de Universidades del Ministerio de Educación y Ciencia", o actual é o último curso no que se ten impartido o CAP, polo que, oficialmente, a partires do curso 2009/2010 será sustituido polo Master de Formación de Profesorado de Secundaria.
A Universidade da Coruña encargou a impartición deste Máster á Facultade de Ciencias da Educación.
Este Máster terá unha duración dun curso escolar.
O Cufie e a Coordinación do CAP non teñen nin van ter máis información sobre o desenvolvemento do Máster de Formación de Profesorado de Secundaria que a que poida aparecer nas páxinas da Facultade de Ciencias da Educación (www.educacion.udc.es) ou da Universidade da Coruña (www.udc.es).
O coordinador do CAP