Unidade Universitaria de Atención
á Diversidade (ADI)
Servizos
Transporte
adaptado: Un servizo
ofertado ao alumnado con dificultades
para desprazarse, froito dun convenio
entre a Cruz Vermella, LIMCO, a Xunta de
Galicia e a Universidade da Coruña.
Asistencia persoal: ao alumnado con diversidade funcional ou con necesidades educativas
especiais/específicas, ofértase un servizo asistencial persoal durante o curso universitario nos períodos de asistencia a clase.
INFORMACIÓN: Se só quere información sobre bolsas e axudas, pode encher este formulario sinalando a opción Só información sobre axudas na pregunta ¿A que tipo de axuda lle gustaría ter acceso?.
SOLICITUDE: Para solicitar calquera servizo, é preciso encher un formulario e achegar a documentación que se solicita no prazo que se indica nesta ligazón. (IMPORTANTE: O PRAZO DE SOLICITUDE PARA OS SERVIZOS DURANTE O CURSO 2011/2012 REMATOU O 30 DE SETEMBRO).