Unidade Universitaria de Atención
á Diversidade (ADI)
Programas
de actuación
Programas pre-Universidade (de incorporación á Universidade)
Divulgación de información nos centros de Educación Secundaria Obrigatoria e na comunidade.
Folla
de matrícula: Procedemento
de detección automática
de necesidades especiais entre o
alumnado. Ao inscribirse na Universidade
da Coruña, o/a futuro/a estudante
ten a opción de declarar
que ten unha ou máis necesidades
especiais. Estas declaracións
chegan á Unidade ADI electronicamente, a través dun formulario web,
e constitúen unha das maneiras
de solicitar axudas.
Prazas
reservadas: Por
Lei,
a Universidade ten que reservar
o 3% da oferta de prazas en cada
carreira para solicitantes que teñen
certificado de discapacidade. Para
máis información,
contacte co LERD (Lugar de Entrega
e Recollida de Documentos), ao teléfono
981 167 196. Así mesmo, resérvase
entre o 1% e o 3% de prazas para
solicitantes maiores de 25 anos.
A Universidade tamén oferta
un programa de estudo específico
para persoas maiores de 50 anos,
denominado Universidade
Senior.
Programas universitarios
de atención persoalizada e colectiva
durante a vida universitaria
Axudas
económicas:A
ADI colabora na difusión
de información acerca deste
tipo de axudas, e fai chegar este tipo de información a través do correo electrónico ou por outras vías ao estudantado que forma parte das nosas bases de datos e que pode acceder a este tipo de axudas.
Transporte
adaptado: Un servizo
ofertado ao alumnado con dificultades
para desprazarse, froito dun convenio
entre a Cruz Vermella, LIMCO, a Xunta de
Galicia e a Universidade da Coruña. Para solicitar este servizo, é preciso encher un formulario e achegar a documentación que se solicita no prazo que se indica nesta ligazón.
Rexistro
de necesidades:
A Unidade ADI dispón de medios
diversos para facer chegar a solicitude
de servizos por parte dos membros
da comunidade universitaria.
Asistencia persoal: ao alumnado con diversidade funcional ou con necesidades educativas
especiais/específicas, ofértase un servizo asistencial persoal durante o curso universitario nos períodos de asistencia a clase. Para solicitar este servizo, é preciso encher un formulario e achegar a documentación que se solicita no prazo que se indica nesta ligazón.
Asesoramento ao profesorado da UDC: respecto ás necesidades específicas do seu alumnado e, de ser o caso, nas adaptacións que se poderían realizar para achegar o contido da súa materia a este alumnado.
Dinamización
doutros servizos universitarios con recursos
humanos, materiais e tecnolóxicos,
para optimizar a atención ás
necesidades educativas especiais da comunidade
universitaria, así como a búsqueda de recursos de novas tecnoloxías que faciliten o acceso ás persoas con algún tipo de discapacidade á vida universitaria.