Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
Logotipo da Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social
   
Mapa Web
Buscar
Inicio
Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
 
 
  Universidade Coruña    
AnteriorAnterior      Imprimir Imprimir      PecharPechar
 
  Presentación  I  Secretaría  I  Aularios  I  Enlaces  I  Logotipos  
   
 

U. Atención á Diversidade

   
   
   
   
   
   
   
   
   
 
 
 
Logo de la unidad universitaria de atencion a la diversidad
   
 
Logo de la oficina de atencion multicanal
   
 
Informe de Autoavaliación
 
 

 

 

 
 
Unidade Universitaria de Atención á Diversidade (ADI)

Logotipo de la Unidad Universitaria de Atención a la Diversidad

A Unidade Universitaria de Atención á Diversidade (ADI) creouse en febreiro de 2004 para atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria. A Unidade ADI diríxese, por tanto, ao conxunto de participantes nos estudos superiores: alumnado, profesorado e persoal de administración e servizo. Sendo o seu cometido principal o de facilitar a plena integración do alumnado, profesorado e PAS que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimentan dificultades ou barreiras externas a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

 
Neste sentido desenvólvense as seguintes liñas xerais de intervención:
 
Asesoramento e sensibilización de toda a comunidade universitaria acerca dos dereitos, as vivencias e as necesidades das persoas minorizadas por discapacidade ou por outras características.
 
Atención individualizada, prestación de axudas técnicas, e establecemento de redes de intercambio de información e apoio mutuo.
   
Eliminación progresiva das barreiras arquitectónicas e de comunicación en todos os campus da Universidade da Coruña.
 
Promoción dos dereitos destes membros da Universidade.
 
Formación en temas relacionados coa diversidade e a integración na Universidade.
   
Establecemento de redes de colaboración na atención á diversidade mediante convenios con outras universidades, organismos gobernamentais e non gobernamentais, etc
 
Dende a ADI, orientamos as nosas liñas de intervención cara aos seguintes obxetivos xerais:
 
Velar polos dereitos do alumnado e persoal con necesidades físicas, comunicativas, educativas, sociais e laborais especiais ou minorizadas polas tendencias maioritarias da sociedade. Estas necesidades poden proceder da discapacidade ou da vulnerabilidade particular a procesos de discriminación asociados a orixe étnico-cultural, usos lingüísticos, xénero, orientación sexual, situación socio-económica desfavorecida, etc.
   
Facilitar o acceso á Universidade do alumnado e persoal con necesidades específicas ou especiais, así como optimizar a súa posterior integración na vida universitaria para potenciar a participación en igualdade de condicións fronte á poboación universitaria maioritaria e á sociedade en xeral.
   
Favorecer non só a integración senón a autonomía dos membros da comunidade universitaria con necesidades especiais. Isto implica emprender un amplo conxunto de actuacións para fomentar, de maneira simultánea, a cooperación e a máxima autonomía persoal posible na toma de decisións, nos desprazamentos, na adquisición de información e no desenvolvemento dos coñecementos. Así mesmo, implica colaborar na promoción da vida independente (todo un movemento social que está a gañar forza nos últimos anos) das persoas con discapacidade.
   
Difundir información entre todos os sectores da comunidade universitaria sobre a situación das persoas con necesidades especiais, para sensibilizar e fortalecer valores, actitudes e comportamentos non discriminatorios.
   
Asesorar nas posíbeis adaptacións pedagóxicas, arquitectónicas e comunicativas necesarias para afianzar a igualdade de oportunidades nos procesos de adquisición e desenvolvemento dos coñecementos e tarefas tanto académicos como laborais na Universidade.
   
Axilizar o proceso de eliminación progresiva das barreiras arquitectónicas e comunicativas existentes en todos os campus e instalacións da Universidade.
   
Dinamizar as vías e redes de comunicación en todos os ámbitos: tanto no sistema universitario como fóra del. A comunicación fluída e aberta favorece a mellora continuada na detección de necesidades e a prestación de servizos.
   
Formar en temas relacionados coa diversidade e a integración social.
   
   
   
   
 
Contacto e localización.
 
 
   
Pequeña imagen de un teléfono
Vía telefónica:
Tel: 981 16 70 00, Extensións: 5622/5623
Fax: 981 16 71 88
Pequeña imagen de un ordenador
Vía electrónica:
Por correo electrónico: adi@udc.es
Pola caixa da páxina ADI: www.udc.es/cufie/uadi
 
Pequeña imagen de un buzón
Por correo postal ou en persoa:
ATT/ Unidade Universitaria de Atención á Diversidade (ADI)
  Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE)
Universidade da Coruña
Edificio Xoana Capdevielle, 1º andar
Campus de Elviña, s/n
15071 A Coruña
   
 
Ver mapa máis grande
   
 
Vista panorámica real del edificio Xoana Capdevielle, donde se encuentra la sede del Cufie
 
 
    Oreja que representa a la gente con alguna minusvalía auditiva Persona en silla de ruedas que representa a la gente con alguna minusvalía física Persona invidente que representa a la gente con alguna minusvalía visual Hombre y mujer que representan la igualdad entre sexos Planeta Tierra que representa la diversidad      
     
 
 
  Presentación  I  Secretaría  I  Aularios  I  Enlaces  I  Logotipos  I  Mapa web   I  Buscar  I  Inicio  
 
 
AnteriorAnterior  SubirSubir   Contactar Contacta/Suxestións  Imprimir Imprimir  PecharPechar
 
 
© Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías / Universidade da Coruña