Unidade Universitaria de Atención
á Diversidade (ADI)
Aplicacións accesibles
Unha aplicación accesible é a que poden utilizar de forma eficaz persoas con discapacidades e teñen por finalidade facilitar a estas persoas o manexo do ordenador.
A continuación proporciónanse unha serie de programas de este tipo: dende ampliadores de pantalla ata xogos.
Para que funcionen, debedes enviar o correo electrónico solicitando o código de activación a adi@udc.es indicando se sodes alumnado (tedes que achegar unha copia da matrícula de 2011-2012) ou docentes.
Xogos
Tiflo21. Tiflo Cartas 21, é unha versión para PC do popular xogo "blackjack". O obxectivo do xogo, é obter 21 puntos, ou a puntuación máis próxima a 21. Ten integrado o seu propio sistema de voz, polo que as personas cegas, poden xogar sen a necesidade de usar un lector de pantalla. Inclusive, recoméndase que se desactive o lector de pantalla antes de inicia-lo xogo. Máis información.